Quen somos

A Revolta Escola nace no ano 2020 na Coruña co obxectivo de transmitir coñecementos útiles pra as vidas dos vindeiros tempos e que en moitos casos quedaron esquecidos ou agochados por aqueles que non querían que lles quitasen o poder. Porque o coñecemento é poder, e hoxe podémolo dicir máis alto ca nunca. Por iso desde A Revolta pretendemos contribuír á emancipación do pobo dándolle acceso á cultura.

E aquí xorde unha pregunta “Entón, por que non son de balde os nosos contidos?”
A resposta é sinxela. A posta en marcha da web e a elaboración dos contidos require horas de esforzo e algúns cartos para poder funcionar. As pequenas cantidades cobradas son invertidas de novo no proxecto, de forma que non existe ningún beneficio económico detrás pero si nos permite seguir en pé.